Libertad!

Libertad!

sábado, 1 de marzo de 2008

A Campaña electoral española

A campaña mátame

Moi triste debe de ser a miña vida para que o máis bonito que me pasou esta semana fose o vis a vis Zapatero-Rajoy. Decateime da desfeita cando, o martes, lin ao meu amigo Caneiro escribir «El infierno eres tú, campaña», e souben que caera nas mans de Satanás. Hei de confesarlles que a min a campaña..., glups, me pon. Axúdenme. Trago todos os faladoiros da radio, imito os xestos dos políticos e memorizo os artigos de opinión; no calendario, marquei cun corazón o 9 de marzo, e onte espertei sobresaltada cunha horterez recorrente na que se oía dicir: «A festa da democracia, a festa da democracia...». Alívianme, iso si, os espazos electorais na tele e na radio, pero a este paso, a campaña vaime matar.
Se non me encampaño, non atopo a paz. Gardo os pins do PP, os bolis do PSOE, pego no corcho as fotos de Quintana falando coma desde un púlpito, só como os caramelos de IU, e puxen pegatinas de Falange no cuarto de baño, no lugar do Miró. Necesito preocuparme pola nena de Rajoy, que corre perigo de ser mileurista, iso se antes non a mata un marido ou lle fan algo tan orixinal coma un secuestro exprés. Polas noites, agoníome buscando na memoria en que peli saía iso de «Buenas noches y buena suerte», e desexo contarllo a Zapatero cando sae e mira fixamente a cámara. Estou convencida de que só me fala a min. ¡Ai, que yuyu! Ademais, antes de ir durmir, miro desde o balcón un valado publicitario e estou segura de que os caretos megalíticos dos candidatos gardan tralos ollos os resultados das enquisas


La Voz de Galicia

No hay comentarios: